O gran Joey DeFrancesco

O músico de Filadelfia inicia cun recital cegador os concertos do Festival Internacional de Jazz de Pontevedra na Ferrería
emilio PRAZA DA FERRERIA concerto de Joey Defrancesco Trio. Festival de Jazz. Tamen publico
photo_camera Concerto de Joey DeFrancesco. EMILIO MOLDES

emilio PRAZA Dá FERRERIA concerto de Joey Defrancesco Trio. Festival de Jazz. Tamen publicoIgual que se mide a velocidade que alcanza a bóla na pista de tenis, habería que inventar un sistema que permitise medir a velocidade que alcanzan os dedos de músicos como Joey DeFrancesco sobre o órgano. O seu virtuosismo produce unha certa vertixe. O estadounidense foi o encargado de abrir a noite do xoves os concertos do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra na Praza da Ferrería ante un público entregado. Fíxoo en formato trío acompañado por outros dous músicos de enorme envergadura: Troy Roberts (saxo tenor) e Khary Abdul Shaheed (batería). Non lle fixo falta nin unha soa palabra ao gran DeFrancesco (grande en constitución e en talento) para meterse á xente de Pontevedra no peto en apenas media hora.

Organista (rendido admirador do lendario teclista Jimmy Smith e un dos máximos responsables do renacemento do órgano Hammond no jazz desde mediados dos 80), trompetista e vocalista de jazz nacido en Filadelfica, Joey DeFrancesco empezou a súa carreira sendo apenas un neno, como recordou á organización do festival antes da actuación de onte á noite. Foi teloneiro de figuras como B.B. King ou Wynton Marsalis. Sendo aínda un raparigo, o mismísimo Miles Davis recrutoulle para acompañarlle durante unha xira mundial. Máis tarde compartiría escenario con artistas da talla de Ray Charles, Van Morrison, Diana Krall ou John Scofield. Candidato en catro ocasións aos premios Grammy, publicou case 40 discos propios. Inquedo e polifacético, en 2009 foi o responsable da música da película Moonlight Serenade (protagonizada por Amy Adams). O ano pasado lanzou You're Driving Me Crazy e máis recentemente In the Key of the Universe.

Os concertos do festival continúan este venres coa actuación da vocalista Judith Hill. O sábado actuará outro vocalista, neste caso masculino, José James, que repite no evento tras o seu paso pola Ferrería en 2011. O festival clausurarase o domingo coa actuación do pianista pontevedrés Gabriel Peso. Todos os concertos teñen lugar ás 22.30 horas e a entrada é libre e gratuíta