Julia Otero, OT, 'Fariña' ou Broncano, algúns dos galardoados cos Ondas

Calleja, Sabatés ou Bastei son outros dos premiados desta edición

Escena de la serie Fariña
photo_camera Escena da serie Fariña

O programa Operación Triunfo de RTVE, a serie Fariña de A3, os presentadores Jesús Calleja de Catro e Sandra Sabatés da Sexta, os xornalistas Jordi Bastei, Isaías Lafuente e Julia Otero, e os actores Oriol Pla e Aura Garrido, por El día de mañana, de Movistar+, son algúns dos galardoados cos Premios Ondas deste ano.

Segundo informou esta tarde o xurado das Ondas, Bastei obtivo o premio como mellor presentador nacional de radio por El Món a RAC 1, mentres o premio á mellor programación radiofónica foi ex aequo para Julia Otero e Isaías Lafuente.

En televisión foron premiados Operación Triunfo, Radio Gaga, de Movistar+, Jesús Calleja por Planeta Calleja, Sandra Sabatés de El Intermedio, a serie Fariña, Oriol Pla e Aura Garrido pola serie El día de mañana, e Patricia López pola serie La otra mirada de RTVE.

No apartado de Música, os galardoados son o cantante Manolo García, o grupo Vetusta Morla, RedBull Music Academy e, de novo, Operación Triunfo.

O xurado dos premios Ondas deste ano concedeu tamén un premio traxectoria a Tomás Fernando Flores, de Radio 3, e a David Broncano polo seu programa La vida moderna e a utilización do humor como elemento de crítica social.

Comentarios