A imprenta entra no Museo do Pobo Galego

La nueva sala del museo acoge una muestra sobre la imprenta en Galicia (Foto: Museo do Pobo Galego)
photo_camera La nueva sala del museo acoge una muestra sobre la imprenta en Galicia (Foto: Museo do Pobo Galego)

Da imprenta. Dos impresores e encadernadores. Do libro e da prensa é o nome que leva a nova sala inaugurada esta tarde no Museo do Pobo Galego, nun acto ao que asistiu o director xeral de Turismo, Rubén Lois, así coma o presidente do Padroado do Museo, Isaac Díaz Pardo, que exerceu de anfitrión.

O obxectivo destas dependencias é presentar os oficios de impresores e encadernadores. Para iso, recolle o máis representantivo da cultura letrada na historia de Galicia ata a actualidade.

Os primeiros impresores
A imprenta creada por Gutenberg no 1440 chegou a Galicia décadas despois, entre 1480 e 1490, se ben os datos que se manexan indican que os moldeiros eran itinerantes e acudían a onde lles requerían traballo. O primeiro taller estable foi fundado en Monterrei por Juan de Porres e Rodríguez de la Pasera, que en 1491 estampan o Missale Auriense. Pese a todo, os primeros impresos acostumaban ser encargados a outras ciudades ou países.

Foi a partires do século XVI cando a actividade se fixo estable e concentrouse, fundamentalmente, en Compostela, cidade que deu lugar a estirpes profesionais, coma os Frayz ou os Aldemunde. Unido a esta proliferación, comezouse a desenvolver a industria do papel, que logo se plasmaba en documentos impresos de temática eminentemente relixiosa. Foi séculos despois, a partires do XVIII, cando os xéneros se comezaron a diversificar.

O espallamento da imprenta
Xa no tempo contemporáneo chegaron dous fenómenos, que son o espallamento das imprentas por todas as vilas galegas e a aparición da prensa escrita. Por unha banda, O catón Compostelano, fundado en 1800, marcou o comezo dunha frutífera producción. Mentres, Valentín Lamas Carvajal fundaba en 1876 o primeiro xornal en galego, O tío Marcos da Portela.

No Rexurdimento comezou a edición de libros en galego e, o primeiro título foi o da obra de Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega tocada polo gaiteiro ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e aínda máis. Foi editada en latín, castelán e galego e publicada por fascículos ao longo do ano 1853 en Pontevedra. A primeira obra monolingüe foi Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, en 1863.

Comentarios