jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

A muiñeira na casa

A muiñeira, o tradicional baile galego, conta desde hai unha semana cunha nova canle para acceder á súa aprendizaxe. Bailabén é un proxecto creado por Gustavo Couto e Edith Cotilla que consiste nun DVD acompañado dun libro explicativo onde se ensinan os pasos do baile galego, que publicou Edicións do Cumio.

A idea xurdiu no I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional no ano 2006. ''Na quenda de preguntas os profesores de primaria e secundaria demandaron a existencia dun método para aprender muiñeira'', explica Gustavo Couto. O proxecto botou a andar e, coa colaboración do grupo Armadanzas de Laraño, gravouse o DVD.

Pero este método didáctico para a muiñeira non está só orientado para ser impartido en colexios ou institutos. O salón da casa é un bo lugar para iniciarse no baile tradicional. ''Había necesidade de facer algo así. Nós temos unha sobriña pequena que coleccionaba os DVD de batuka e démonos conta de que existía este tipo de aprendizaxe da salsa, do tango, de moitos bailes... Pero non do baile galego'', apunta Couto; aínda que o proxecto non foi fácil de sacar adiante porque ''todo o mundo dicíanos que era unha tolemia e agora nas librerías está a ser moi demandado'' sinala.

Bailabén tamén está orientado para aqueles aos que as clases de baile non acaban de convencelos. ''Hai xente que por timidez ou por vergoña non se apunta a unhas clases e agora, se quere, poderá aprender desde a casa''. 

A muiñeira na casa
comentarios
ç