Máis de 12.000 persoas visitaron o Salón do Libro desde a súa apertura

Docentes e editores participaron da iniciativa atraídos polos encontros e as Xornadas de Ilustración

Imaxe dun dos obradoiros celebrados nos primeiros días. OLGA FERNÁNDEZ - Salón do Libro
photo_camera Imaxe dun dos obradoiros celebrados nos primeiros días. OLGA FERNÁNDEZ - Salón do Libro

Os nenos xa non son os únicos protagonistas do Salón do Libro. Nesta edición Mulleres de conto os novos públicos adentráronse na iniciativa. Tal e como aseguran desde o Pazo da Cultura, a segunda fin de semana acadou unha valoración máis que positiva, salientando o éxito das actividades programadas para profesionais da docencia, a ilustración e o público adolescente.

As I Xornadas de Ilustración celebradas o sábado achegaron numeroso público profesional nunha oportunidade única de intercambiar coñecementos e oportunidades con axentes destacados do mundo do libro da man nun encontro cos ilustradores Kiko da Silva, Victor Rivas, as mexicanas Cecilia Rébora e Amanda Mijangos, Sergio Covelo da AGPI, a editora Malores Villanueva, de Galaxia, unha representación de Urco Editora, libreiros da cidade e a editora Ixchel Delgado (México).

O mesmo sucedeu nos encontros con Valeria Gallo e Gabriel Pacheco.

De luns a venres e durante cinco sesións, o público, maioritariamente do mundo da docencia, falou en profundidade sobre a mediación, a poesía, os libros para coñecer e cambiar o mundo, ou o feminismo, da man das diferentes profesionais da delegación mexicana e do país.

Docentes e editores participaron da iniciativa atraídos polos encontros e as Xornadas de Ilustración

 

Tamén, de luns a venres, escolares dos centros colaboradores de educación primaria e secundaria, gozaron de obradoiros e contacontos que continuarán ata o mércores da próxima semana.

Os públicos habituais de caracter familiar participaron o día da inauguración do espectáculo Catrina e Dona Francisca da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, a diario nos obradoiros e contacontos e durante as fins de semana dos espectáculos musicais.

A figura de María Victoria Moreno ocupa un lugar destacado no Salón como muller de conto que é. A maiores de ter varios espazos e estantes na sala en torno a ela e a súa obra, son varios o espectáculos inspirados nela que forman parte do programa.

Durante a pasada fin de semana tivo lugar un contacontos ilustrado centrado na biografía da citada María Victoria e de Raquel Queizás e estreouse Ruta propia, no que fai un percorrido universo vital e literario da autora.

A organización cifra en máis de 12.000 persoas a asistencia de público ao evento dende a súa apertura oficial.

Comentarios