McCartney alcanza con 'Egypt Station' o seu primeiro número 1 en EE UU en 36 anos

O seu décimo sexto álbum de estudo en solitario despachou 153.000 unidades na súa primeira semana no mercado

Paul McCartney. FELIPE TRUEBA
photo_camera Paul McCartney. FELIPE TRUEBA

Paul McCartney alcanzou o número 1 en vendas na lista oficial de vendas estadounidense co seu último álbum, Egypt Station, fazaña que o británico non conseguía desde que en 1982 editase Tug of war.

A revista Billboard, encargada de fiscalizar e publicar os datos naquel país, desvelou este luns que o seu décimo sexto álbum de estudo en solitario despachou concretamente 153.000 unidades na súa primeira semana no mercado.

Delas, destacou o medio, 147.000 foron despachadas polas vías tradicionais, isto é, as que non se derivan das escoitas en streaming.

Egypt Station é o primeiro disco do artista que debuta nesa posición e o seu oitavo número 1 en EE UU, se se inclúen tamén os alcanzados con Wings, algúns dos cales se publicaron baixo o alias de Paul McCartney & Wings.

A eles súmanse os éxitos alcanzados xunto a The Beatles, que seguen ostentando a marca de 19 números 1 en Norteamérica. 

Comentarios