
Cunha maleta cargada de premios, a película A media voz, de Matriuska, iniciou a carreira cara aos Goya. O
A película estreouse en decembro en Madrid e Barcelona, no principio do ano chegaba a Santiago de Compostela e esta semana entraba por fin nas carteleiras de Pontevedra, Ourense e Carballo. "Está a facerse unha estrea graduada en salas comerciais e encima co confinamento produciuse un efecto embude, xa que como estiveron moitos cines pechados moitas pelis entraron agora. Desde as grandes producións americanas a outras, é moi difícil coar un documental", manifestou o cineasta pontevedrés para quen chegar ás salas de cine de Pontevedra é "especial". "Cando as películas acaban chegando aos cines na túa cidade sempre é especial, e máis agora que a oferta de cine en Pontevedra está limitada a unhas sala e iso faino máis complicado", manifestou Froiz. "Esperamos que logo destas proxeccións chegue co Concello ou Cine Club a outros espazos", engadiu.
O produtor pontevedrés destacou que A media voz reflexa "a aposta de Matriuska pola internacionalización". "Queremos facer películas en colaboración con outros países, que gañen premios e festivais por todo o mundo e que cheguen a casa con eses recoñecementos", dixo Dani Froiz.
Cando as películas chegan á túa cidade sempre é especial, e máis agora que só hai uns cines e é máis difícil chegar
A PELÍCULA. "A media voz é unha película que gusta moito ao público porque emociona", destacou o produtor de Matriuska. O documental, que na súa distribución internacional ha recibido o título de In a whisper, é unha produción da compañía pontevedresa, en colaboración con Perspective Films (Francia), La 5ta Avenida Produciones (Cuba) e PCT (Suíza).
O filme, dirixido e protagonizado polas cineastas cubanas Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández, trata sobre o desarraigamento, a maternidade, a terra e a cinematografía. Esta produción céntrase na historia persoal de dúas mulleres que comparten a súa paixón polo cine, a amizade e a liberdade. En A media voz, Patricia e Heidi, dúas amigas da infancia que acabaron separadas tras verse obrigadas a emigrar da súa Cuba natal, reencóntranse a través da correspondencia audiovisual que retoman, xa preto dos 40 anos, para compartir os retos aos que se enfrontan nas súas nova vidas lonxe da illa, unha en Suíza e a outra en España. O resultado destes envíos, editados de forma cronolóxica, mostra as súas expectativas visións sobre a maternidade, o cine, a amizade ou a liberdade.
A media voz pódese ver nos Cinexpo de Vialia, este sábado e domingo ás 19.30 horas.