Morcheeba inicia a xira española que os levará o venres a Pontevedra

Presentarán Blaze Away, o noveno álbum da banda, unha das máis representativas do trip-hop dos anos noventa

Morcheeba. DP
photo_camera Morcheeba. DP

A Sala Razzmatazz de Barcelona acolle este mércores o primeiro dos catro concertos en España da banda Morcheeba, que volveu ao estudo de gravación tras cinco anos de silencio discográfico e está a presentar en xira mundial o seu disco Blaze Away.

Tras o seu concerto en Barcelona, os británicos recalarán o venres no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Blaze Away é o noveno álbum de Morcheeba, unha das bandas máis representativas do trip-hop dos anos noventa, que con este disco volve aos seus inicios, con influencias do blues dos cincuenta, o psychedelic rock dos sesenta, o dub reggae dos setenta, o electro dos oitenta e o hip hop dos noventa.

Durante os últimos cinco anos, a banda non editou novos temas, pero ofreceu moitos concertos e actuou por todo o mundo.

"Viaxar tanto e ver o que funciona para nós no escenario, en todo o mundo, deunos confianza para experimentar", sinalou nun comunicado o multiinstrumentista Ross Godfrey, agora tamén produtor do grupo.

O dúo formado por Ross Godfrey e Skye Edwards interpretará este mércores en Razzmatazz varios de temas do seu novo disco alternados con cancións antigas e algúns dos éxitos do seu aclamado Big calm (1998). 

Comentarios