Morre o compositor italiano Ennio Morricone

Foi o autor de bandas sonoras míticas, como as da 'Triloxía do Dólar'
Ennio Morricone, en 2012. ARCHIVO
photo_camera Ennio Morricone, en 2012. ARQUIVO

O compositor italiano Ennio Morricone faleceu este luns aos 91 anos nunha clínica de Roma polas complicacións dunha caída sufrida nos últimos días, segundo avanzan os medios locais.

Morricone (Roma, 1928) morreu durante a noite na clínica Campuos Biomedico, da capital onde se atopaba despois de que hai uns días sufrise unha fractura de fémur por unha caída.

O mestre, soado polas súas composicións para películas como as da Triloxía do Dólar de Sergio Leone, fora galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes 2020 xunto a outro dos grandes compositores, o estadounidense John Williams.

Comentarios