Morre aos 57 anos Willie Garson, coñecido polo seu papel en 'Sexo en Nova Iorque'

O actor acababa de rodar a precuela da popular serie
Willie Garson. TWITTER
photo_camera Willie Garson. TWITTER

O actor Willie Garson, coñecido polo seu papel de Stanford Blatch na serie Sexo en Nova Iorque, faleceu este martes aos 57 anos.

O seu fillo, Nathen Garson, confirmou a morte no seu perfil de Instagram: "Quérote moito papá. Descansa en paz, estou orgulloso de que compartises todas as túas aventuras comigo e de todo o que conseguiches. (...) Sempre fuches a persoa máis forte, divertida e intelixente que coñecín", asegurou.

A plataforma HBO tamén dedicou unhas palabras ao actor, que pouco antes do falecemento estivo a traballar no rodaxe da serie And Just Like That..., que servirá de precuela de Sexo en Nova Iorque.

Entre 1998 e 2004, Garson formou parte da repartición da popular serie durante as súas seis tempadas, xunto a Sarah Jessica Parker, Cynthia Nixon, Kristin Davis e Kim Cattrall.

O seu personaxe, un amigo íntimo de Carrie, converteuse nun dos favoritos do público e foi tomando importancia ao longo da serie ata protagonizar a súa propia linea argumental a través dun romance co bailarín de Broadway, Marcus Adente. 

"Willie Garson era en vida, como na pantalla, un amigo devoto e unha luz brillante para todos. (...) Creou un dos personaxes máis queridos de HBO e foi membro da nosa familia durante case vinte e cinco anos. Nos entristece profundamente decatarnos do seu falecemento", indicou a canle HBO nun comunicado.

O produtor de Sexo en Nova Iorque, Michael Patrick King engadiu: "O seu espírito e dedicación ao seu oficio estiveron presentes todos os días na rodaxe de And Just Like That... Él estivo alí, dándonos todo incluso cando estaba enfermo".

Descoñécese a causa exacta do falecemento, aínda que Garson recibiu tratamento de cancro nos últimos anos.

Garson tamén traballou en White Colar, NYPD Blue, e Hawai 5.0, pero o seu papel estrela foi en Sexo en Nova Iorque, unha produción que triunfou entre o público e a crítica: levou tres Globos de Ouro e un Emmy á mellor serie de comedia ou musical, e converteu nunha estrela mundial a Sarah Jessica Parker, amiga de Garson na vida real. 

Comentarios