Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

O nutricionista Julio Basulto ofrecerá dúas conferencias en Núbebes

Julio Basulto. FB
Julio Basulto. FB

O Festival para Bebés de Pontevedra, que se celebrará, entre o 21 e o 30 de setembro, incorpora o Casino Mercantil e o CITA aos seu espazos

Dúas conferencias do nutricionista Julio Basulto, un contacontos con Eugenia Manzanera, o reforzo da guerra de almofadas cun espectáculo de Troula e as estreas das novas propostas de Caxoto e Charo Pita son as principais citas da programación do VI Festival para Bebés de Pontevedra, Núbebes.

A compañía Baobab, coordinadora desta actividade, vén de presentar a edición deste ano, que incorpora aos espazos habituais do Principal, a Casa Azul e a Casa das Campás, dous novos: o do Casino Mercantil e o do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).

As propostas desenvolveranse durante as dúas últimas fins de semana de setembro –entre os días 21 e 30–. 

A información completa do evento (horarios, entradas, etc.) pode consultarse no seu Facebook, o no seu Twitter.

O nutricionista Julio Basulto ofrecerá dúas conferencias en Núbebes
Comentarios