Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

Onde vas, Carapuchiña?

Imaxe promocional de 'A Carapuchina Vermella. O musical'
Imaxe promocional de 'A Carapuchina Vermella. O musical'

Dous espectáculos musicais sobre o conto clásico europeo forman parte da programación do Auditorio de Afundación en Pontevedra para a última parte do ano ▶ Na oferta cultural do espazo ata decembro destacan as propostas dirixidas ao público infantil e familiar

Dúas adaptacións do conto de Carapuchiña Vermella, o musical Monster Rock e un tributo a El Rey León forman parte da programación que acollerá o Auditorio de Afundación en Pontevedra ata o mes de decembro. O espazo mestura no final do ano esta aposta polo público infantil e familiar con tres propostas humorísticas, a cargo de Luis Piedrahita, Ángel Martín e Enrique San Francisco, e coa súa habitual atención á escena máis clásica, traendo ballets, como o de O lago dos cisnes e O Crebanoces, e óperas, como A frauta máxica.

Son dez as distintas postas en escena que acollerá Afundación ata o remate de 2018, aínda que na súa venda de billetes on-line (ataquilla.com) xa se poden adquirir entradas para espectáculos de principios ano que vén como O lago dos cisnes que presentará o Russian Classical Ballet o 3 de xaneiro. Será a segunda vez que se poida ver esta coreografía na capital da provincia. A primeira, a cargo do Ballet Nacional Ruso Serguey Radchenko, será o 24 de outubro.

Ángel Martín e Enrique San Francisco virán cos seus shows e o apartado adicado ao ballet inclúe 'O lago dos cisnes' e 'O Quebranoces'

 

DE 2 A 4 ANOS. En canto ás adaptación de Carapuchiña Vermella, a primeira revisa o conto a través dunha ópera dirixida a toda a familia. O compositor uruguaio Carlos Aznarez é o responable das composicións deste libreto, que conta cun texto adaptado e dirixido por Miguel Ribagorda, «que tivo en conta, por unha banda a versión dos irmáns Grimm e por outra o texto de Charles Perrault», explican os promotores. Está dirixida a maiores de 4 anos.

Por outra banda, Carapuchiña Vermella. O musical é unha proposta de Educateatro que actualiza o clásico introducindo conceptos como o da ecoloxía ou o da a igualdade. A compañía xa fixera algo semellante con Os tres porquiños con anterioridade. A obra está recomendada para maiores de 2 anos.

No caso do musical Monster Rock, que se poderá ver o 2 de novembro, os seus responsables convidan á cativada a acudir disfrazada ao teatro e celebrar desta maneira Halloween. Finalmente, o tributo a El Rey León titulado De Simba a Kiara é un espectáculo da compañía malagueña On Beat que repasa os temas máis coñecidos do musical e da película, e que está a xirar por toda España.

...PROGRAMACIÓN (ataquilla.com)
21 de setembro ► Luis Piedrahita: Las amígdalas de mis amígdalas... - 21.00 h. 15,08 e 18,09 euros.

7 de outubroCaperucita Roja. Una ópera para toda la familia - 12.00 h. 9,60 e 11.60 euros.

17 de outubroLa flauta mágica - 20.30 h. 32,88 e 37,12 euros.

20 de outubroCarapuchiña Vermella. O musical’ - 17.00 h. 10 euros.

21 de octubre ► Ángel Martín: Lo de hablar 2 - 18.00 h. 14,60 e 16,60 euros.

24 de octubre ► Ballet Nacional Ruso Serguey Radchenko: El lago de los cisnes - 20.30 h. 28,63 e 31,82 euros.

27 de octubre ► Anthony Blake: Prácticamente improbable - 21.00 h. 19,60 e 23,60 euros.

2 de novembroMonster Rock. Una historia musical terrorífica - 18.00 h. 13,60 e 16,60 euros.

6 de decembroTributo al Rey León. De Simba a Kiara - 17.00 h. 13,60 e 15,60 euros.

16 de decembro ► Enrique San Francisco: La penúltima - 19.00 h. 15,60 e 17,60 euros.

3 de xaneiro ► Russian Classical Ballet: ‘El lago de los cisnes’. 20.30 h. 25,60 e 28,60 euros.

2 de febreiro ► Ballet Imperial Ruso: ‘El Cascanueces’. 20.30 h. 28,60 e 31,60 euros.

Onde vas, Carapuchiña?
Comentarios