Sábado. 15.12.2018 |
El tiempo
Sábado. 15.12.2018
El tiempo

A Orquestra Sinfónica de Galicia abre ao público as clases maxistrais de dirección

Membros da Orquestra Sinfónica de Galicia, durante un ensaio. AEP
Membros da Orquestra Sinfónica de Galicia, durante un ensaio. AEP

As leccións culminarán cun concerto gratuíto que terá lugar o 14 de setembro

A Orquestra Sinfónica de Galicia abrirá ao público as clases maxistrais de dirección orquestral nas que o director musical do conxunto orquestral Dima Slobodeniouk traballará cos directores Francisco Valero-Terribas, Jaume Santonja, Frans-Aert Burghgraef e Pablo Devigo Vázquez.

Todos eles foron seleccionados entre un total de 61 solicitudes. Farano con obras de Mozart, Beethoven, Mahler e Bartók en tres sesións de traballo abertas ao público que se desenvolverán do 11 ao 13 de setembro no Palacio da Ópera da Coruña.

Durante as clases, os participantes, aos que se suman como oíntes outros once directores máis, traballarán diferentes movementos das obras seleccionadas. As clases culminarán cun concerto público de entrada libre e gratuíta que terá lugar o venres 14 de setembro, ás 12.00 horas.

A Orquestra Sinfónica de Galicia abre ao público as clases...
Comentarios