Pontevedra acolle unha "semana lorquiana" para divulgar a relación do poeta con Galicia

RAFA Sexto Edificio. Obradoiro infantil sobre Lorca e Seis poemas galegos. Gráfica, sábado, 26 de out. · 12:00–13:00
photo_camera Un obradoiro infantil sobre Lorca, en 2019. ADP

O Museo de Pontevedra organizará entre os días 20 e 24 de outubro unha "semana lorquiana", unha actividade que por segundo ano consecutivo pretende divulgar a relación que tivo o poeta Federico García Lorca con Galicia.

Este programa, que inclúe iniciativas dirixidas tanto ao público adulto como ao infantil, estarán coordinadas pola compañía artística Polo Correo do Vento.

As actividades comezarán o martes 20 con contacontos ilustrados para escolares, sesións de narración oral vinculadas coa presenza de Lorca en Galicia e cos fondos do propio museo, que finalizarán coa ilustración do poeta granadino nun taller de debuxo.

Para o público adulto, celebrarase o xoves 22 unha mesa redonda sobre a visita de Lorca a Pontevedra e sobre a exploración de iniciativas pedagóxicas da época tan ligadas á visita da compañía A Barraca ou a a revista Cristal. Na mesa estará a libreira e escritora Mercedes Corbillón como moderadora e participarán como relatoras o historiador e crítico de arte Ramón Rozas, o editor e escritor Henrique Alvarellos e o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo.

A "semana lorquiana" finalizará o sábado 24 cunha ruta pola cidade de Pontevedra que percorrerá os lugares visitados por Lorca e mostrará a importancia de revístaa Cristal. 

Todas as actividades estarán marcadas pola actual pandemia da covid-19 e realizaranse coas medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, entre elas, un reforzo da hixiene, un menor aforamento ou a aposta por actividades ao aire libre.