Primeiras imaxes de 'Código emperador', a nova cinta de Jorge Coira e Luís Tosar

O thriller chegará aos cines o próximo 25 de febreiro de 2022
Luis Tosar, en un fotograma de 'Código Emperador'. VACA FILMS
photo_camera Luis Tosar, en un fotograma de 'Código Emperador'. VACA FILMS

O thriller Código emperador, producido por Vaca Films, dirixido polo rabadense Jorge Coira e protagonizado por Luis Tosar (Cospeito, 1971), chegará aos cines o 25 de febreiro de 2022 da man de A Contracorriente Films. 

As primeiras imaxes desta película, ambientada nas altas esferas do poder e a espionaxe do país, xa se poden ver tras a publicación do primeiro trailer. 

Segundo informou a produción da película, esta nova colaboración entre o actor e a produtora galega supón un revelador e contemporáneo thriller inspirado na cara máis oculta da realidade social e política española. 

Ademais de Tosar, participan na película Alexandra Masangkay, Georgina Amorós, Laura Domínguez, Miguel Rellán, María Botto, Arón Piper e Denís Gómez, entre outros. 

Ambientada nas altas esferas do poder e a espionaxe, Código Emperador está dirixida por Jorge Coira, gañador do Goya á Mellor Montaxe por O Descoñecido, a partir dun guion escrito por Jorge Guerricaechevarría. 
 

Comentarios