O Princesa da Concordia distingue á cidade de Gdansk pola súa loita pola liberdade

A cidade polaca é un símbolo da resistencia contra o nazismo e da loita pola recuperación das liberdades en Europa

El Princesa de la Concordia distingue a Gdansk por su lucha por la libertad. MARCIN GADOMSKI
photo_camera O Princesa da Concordia distingue a Gdansk pola súa loita pola liberdade. MARCIN GADOMSKI

A cidade polaca de Gdansk, convertida en símbolo da resistencia contra o nazismo e da loita pola recuperación das liberdades en Europa, foi galardoada este xoves co Premio Princesa de Asturias da Concordia 2019. Gdansk é "un símbolo histórico e actual da loita arriscada polas liberdades cívicas nun punto crucial onde o espírito de Europa consegue renacer unha e outra vez fronte á intolerancia ou a opresión", destacou o xurado.

A acta do xurado subliña que "a historia e o presente da cidade de Gdansk son un exemplo de sensibilidade ante o sufrimento, de solidariedade, de defensa das liberdades e os dereitos humanos e de extraordinaria xenerosidade".

Gdansk sufriu a que está considerada como a primeira batalla da Segunda Guerra Mundial cando o 1 de setembro de 1939 o exército nazi invadiu Polonia, e tamén viu nacer en 1980 o sindicato independente Solidariedade, clave no proceso de desaparición dos réximes totalitarios comunistas de Europa. Gdansk destacou, desde o restablecemento da democracia en Polonia hai trinta anos, polo seu dinamismo económico, apertura, cohesión cidadá e carácter tolerante, especialmente a través de programas dedicados á integración da inmigración e a defensa do colectivo LGTB.

Comentarios