A raíña Letizia visita a caseta de Kalandraka na Feira do Libro

A monarca interesouse polas obras de autores galegos, como Man de Camelle, de Carmen Hermo

La reina Letizia. EFE
photo_camera A raíña Letizia. EFE

A raíña Letizia inaugurou este venres a Feira do Libro de Madrid cun percorrido por algunhas das súas casetas, entre elas a da editorial pontevedresa Kalandraka

Durante o paso da Raíña por esta caseta, o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, mostroulle a dona Letizia unha selección da produción máis recente da editorial. 

En especial, a monarca interesouse polas obras de autores galegos, como Man de Camelle, de Carmen Hermo (Premio Gala do Libro 2019 de Ilustración); A Torre, de Antonio Sandoval na colección Vitamina N, ou Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro. 

Comentarios