A RAG elixe este venres o homenaxeado das Letras Galegas 2022 entre tres candidaturas

Unha delas é conxunta entre Ánxel Casal e Lorca e os outros aspirantes son Fiz Vergara Vilariño e Florencio Delgado Gurriarán
Fiz Vergara Vilariño, Lorca y Florencio Delgado
photo_camera Fiz Vergara Vilariño, Lorca y Florencio Delgado. ARQUIVO

A Real Academia Galega (RAG) elixirá este venres o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, ao que optan tres candidaturas, unha delas conxunta do fundador da Editorial Nós Ánxel Casal co poeta granadino Federico García Lorca por ser o autor dos Seis poemas galegos publicados por este selo. Outro dos candidatos e o poeta de Lóuzara Fiz Vergara Vilariño e o terceiro trátase do editor e activista Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903).

A normativa establece que na primeira reunión tras o 17 de maio, cando se celebran as Letras Galegas, o plenario debe elixir á personalidade literaria á que se lle dedicará esta conmemoración o seguinte ano.

Esta, prosegue, debe ser "autora dunha obra relevante en galego, persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe".

É ademais requisito indispensable que pasasen dez anos desde a súa morte e que a candidatura estea avalada por polo menos tres membros de número da Academia.

Comentarios