A RAG pecha os actos dedicados este ano a María Victoria Moreno cun simposio

As xornadas reuniron a especialistas na obra da escritora e persoas que achegaron o seu perfil máis humano

María Victoria Moreno. ARCHIVO
photo_camera María Victoria Moreno. ARCHIVO

O Simposio María Vitoria Moreno, posto en marcha pola Real Academia Galega (RAG) coa colaboración da Consellería de Cultura, pechou este mércores os actos postos en marcha ao redor da autora á que se lle dedicaron as Letras Galegas de 2018. 

O evento, que se celebrou durante as tardes do 27 e 28 de novembro na sede da RAG, foi clausurado este mércores polo secretario xeral de Política Lingística, Valentín García, e o presidente da Academia, Víctor Freixanes. 

Este simposio, organizado polas académicas Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, reuniu tanto a especialistas na obra da escritora como persoas que a coñeceron persoalmente e achegaron o seu perfil máis humano. 

Comentarios