O Salón do Libro retoma a súa actividade en formato virtual

Comparte nas súas redes diferentes contidos: exposicións virtuais, contacontos, obradoiros
Salon do Libro. DAVID FREIRE
photo_camera Salon do Libro. DAVID FREIRE

Salón do Libro de Pontevedra retoma a súa actividade adoptando un formato virtual. 
A partir deste martes mesmo e nas próximas semanas, o salón compartirá nas súas redes diferentes contidos: exposicións virtuais, contacontos e obradoiros. 

As publicacións terán lugar cara ás 12:00 ou 12:30 horas pola mañá e entre as 17:30 e as 18:00 pola tarde 

Logo de case un ano de traballo tanto por parte da propia organización como dos centros escolares colaboradores, o Salón do Libro de Pontevedra pechou apenas 6 días despois de abrir as súas portas por mor do Covid-19. "Quedaron pendentes unha chea de actividades da programación por levar a cabo e tamén unha morea de centros, familias e cativos por visitalo", explica o Concello nun comunicado, que recorda que a reapertura é "impostible".  
 
"A organización traballou a reo para atopar unha solución que permitira por unha parte facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada nas súas casa e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural onde se están a cancelar a meirande parte das activiades programadas nas próximas semanas/meses", indica.
 
Así, unha gran parte da programación prevista para este XXI Salón do Libro O humor adaptará o seu formato – cunhas condicións ténicas mínimas e respectando desa maneira os contratos asinados - para poder ser difundida a través das canles do Salón (redes, web, etc.) e así os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar de contacontos, obradoiros ou visitas virtuais aos espazos.  

Ante falta da resposta de outras persoas contactadas, neste momento está confirmada a participación de Tamara Andrés, Soledad Felloza, Polo Correo do Vento, Reviravolta, Pakolas, Pablo Díaz, Magia en la manga, Asociación Mater Lingua, María Faltri e Jorge Juncal, Leucoiña, Fantoches Baj, A xanela do maxín ou 7H cooperativa

 
Sobre outros espectáculos de maior formato que non poden ser adaptados, estanse a valorar opcións, explica o Concello.

 Este proxecto virtual da continuidade e completa a iniciativa lanzada polo Salón hai uns días ao compartir en dixital a plantilla de cartas e debuxos a Orbil que obtivo unha boísima resposta: a mascota leva recibidas nestes días ducias e agardan que non paren de chegar. 

Comentarios