sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

O Sanatorio: de refuxio no que curar a espazo para a creación

Unha das salas do Sanatorio. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Unha das salas do Sanatorio. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Profesionais parados pola pandemia recuperan o vello hospital de Celestino Poza para convertelo nunha comunidade creativa

O Sanatorio era para Xan García un proxecto lonxano, previsto entre os plans de futuro para levar a cabo, probablemente, durante a súa xubilación. Pero 2020 e a pandemia precipitaron os acontecementos e este espazo, pensado para acoller a profesionais da creatividade no que fora o sanatorio do médico Celestino Poza a principios de século XX, ve a luzJavi Entre as 10.00 e as 13.30 horas. (Se podo, vou con vos). Repor sobre o novo espazo de coworking 'O Sanatorio', na rúa Andres Muruais, numeros 7 e 9. O espazo abrira as suas portas o vindeiro 25 de abril. Preguntar por Xan Garcia. en plena crise. "Somos 19 fundadores, moitos de nós vimos de empresas vencelladas coa organización de eventos ou a gastronomía e tivemos que parar pola covid-19, entón decidimos crear algo novo", conta un dos cerebros do proxecto.

No seu caso, Xan García ten unha empresa que se dedica á creación de ambientes en eventos chamada El Rincón de los Momentos. A compañía, coa colaboración da asociación Burbullas Found, vencellada á música e á creación cultural, é a promotora desta idea. "Moitas das persoas que estamos aquí tivemos que pechar e por iso empezamos este proxecto. Con isto non quero dicir que nos reinventasemos, porque somos profesionais que faciamos as cousas ben, simplemente quixemos inventar algo novo", explica.

Así, mantendo o espíritu do edificio, situado na rúa Andrés Muruais, que conserva ao máximo a historia e a pegada do que foi, creouse un espazo moderno cheo de posibilidades, que inclúe unha ampla terraza. "Na empresa temos unha nave de 3.000 metros cadrados con recursos e mobiliario parado, e podemos aproveitalo para darlle esta nova vida", conta García.

O resultado son uns 900 metros cadrados de espazos pensados para crear no vello sanatorio. "Levaba pechado dende 1975, fora mercado por unha promotora para levar adiante un proxecto que non chegou a facerse e, despois de negociar, en xuño chegamos a un acordo coa familia desa promotora para crear alí o noso proxecto", conta Xan García, que explica que as obras comezaron o 10 de xullo.Javi Entre as 10.00 e as 13.30 horas. (Se podo, vou con vos). Repor sobre o novo espazo de coworking 'O Sanatorio', na rúa Andres Muruais, numeros 7 e 9. O espazo abrira as suas portas o vindeiro 25 de abril. Preguntar por Xan Garcia.

COMUNIDADE. A finalidade da proposta é crear unha comunidade creativa que lance proxectos interdisciplinares compartindo un espazo tan privilexiado como o do Sanatorio. "Non se nos podería chamar exactamente coworking, porque isto non é un lugar no que alugues unha oficina e veñas traballar, aquí hai moitos espazos que poden servir para fins variados e buscamos ser versátiles, que un día unha sala poida servir para unha sesión de masaxes, por exemplo, e ao día seguinte para outra cousa", explica García.

Entre os profesionais interesados en formar parte da comunidade atópanse persoas do eido da psicoloxía, da masaxe, da cociña, xente do mundo da arte, o tatoo ou o deseño gráfico. "Son perfís moi variados que nos permitirán facer unha variedade de cousas moi ampla, ademais de ir complementando proxectos e crear unha comunidade, que é a idea", conta García, que explica que tamén contan con espazo exterior que lles permitirá ter unha horta urbana e tamén ofrecer obradoiros. Xa se puxeron contacto co Sanatorio un cento de persoas de lugares como Vigo, Cangas, Pontevedra, Santiago e mesmo Madrid para interesarse polo mesmo, coa intención de formar parte del. Polo pronto, realizaranse xornadas de portas abertas para dalo a coñecer entre perfís de profesionais da creatividade e a idea é poñelo en marJavi Entre as 10.00 e as 13.30 horas. (Se podo, vou con vos). Repor sobre o novo espazo de coworking 'O Sanatorio', na rúa Andres Muruais, numeros 7 e 9. O espazo abrira as suas portas o vindeiro 25 de abril. Preguntar por Xan Garcia.cha o día 25 de abril.

Pero, ¿pode un pontevedrés calquera achegarse ao Sanatorio e coñecelo? Segundo explica Xan García, o espazo non está pensado como un lugar aberto, se ben está previsto poder realizar actividades pensadas para o público de xeito puntual, como obradoiros ou encontros. Do mesmo xeito, gustaríalle poder colaborar cos comerciantes da cidade facilitando espazos comunitarios nos que "ocorran cousas". Porén, García recorda que "temos que pensar tamén no momento no que vivimos e buscar actividades nas que se garantan a saúde e a hixiene", engade García.

Food project para comer no traballo
O Sanatorio ofrecerá á súa comunidade un servizo de comidas a través do traballo coordinado entre un cociñeiro, un psicólogo e unha nutricionista, que deseñarán menús conforme ás necesidades de cada persoa que traballe alí. "Non se trata de que vaiamos a formar un restaurante, senón de que as persoas que formen parte da comunidade terán a opción de comer aquí cun menú elaborado por profesionais que sexa saudable", conta García.

O Sanatorio: de refuxio no que curar a espazo para a creación
comentarios
ç