A Sociedade Filarmónica apúntase a Beethoven 2020

Catro dos dez concertos da tempada pontevedresa enmárcanse na conmemoración do 250º aniversario do compositor ► A Orquestra Cidade de Pontevedra incorpórase á programación
La directora Jessica Cottis y el pianista Seong-Sin Cho. CEDIDAS
photo_camera A directora Jessica Cottis e o pianista Seong-Sen Cho. CEDIDAS

Beethoven 2020 celebrarase ao grande en Pontevedra. Como a maioría das institucións e os espazos relacionados coa música clásica de todo o mundo, a Sociedade Filarmónica de Pontevedra decidiu que a súa tempada 2019-2020 se sume ás conmemoracións ao redor do 250º aniversario do nacemento de Ludwig van Beethoven. Farao con catro concertos (dos dez da programación) nos que o compositor alemán será o absoluto protagonista.

calendarioO primeiro deles terá lugar o 16 de xaneiro e correrá a cargo do Cuarteto Brentano (cuarteto residente da Escola de Música de Yale e intérprete da banda sonora da película O último concerto). Este recital é un dos da nova tempada que avanzara a Sociedade Filarmónica en xuño na súa páxina web xunto ao do pianista Dmytro Choni (gañador do XIX Concurso Internacional de Piano de Santander), que terá lugar o 14 de novembro.

Dentro de Beethoven 2020 tamén se enmarcan as actuacións da Real Filharmonía de Galicia, o 24 de xaneiro, dirixida pola directora Jessica Cottis; a da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, que se incorpora deste xeito á programación da sociedade pontevedresa, o 3 de abril, que contará con Giorgi Gigashvili ao piano, e a da pianista Judith Jáuregui, o 29 de abril.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá dúas actuacións dentro da programación da Filarmónica: o 26 de outubro, con Vladimir Fedoséyev á batuta e Varvara ao piano, e o 8 de febreiro, con Andrey Boreyko á batuta e Song-Jin Cho ao piano.

VOX STELLAE. A tempada da sociedade completarase cos recitais do Coro Vox Stellae, o 16 de outubro; o Trío Arriaga, o 10 de febreiro e o Praeteritum Ensemble, o 20 de maio.

Todos os concertos terán lugar no Teatro Principal (20.30 horas), salvo os sinfónicos que serán no Pazo da Cultura (26 de outubro e 3 de abril) e no Auditorio de Afundación (24 de xaneiro e 8 de febreiro). Ademais, estas actuacións estarán abertas ao público en xeral (non só aos socios). Entradas: ataquilla.com.

Comentarios