O SonrRías Baixas reinventa o seu festival e crea un evento en pequeno formato

Os artistas Arco e Rayden serán os encargados de ofrecer dous concertos este mes no bautizado como MicroSonRías Baixas
El artista Arco actuará el viernes 31 de julio. JOSÉ MANUEL POLA
photo_camera O artista Arco actuará o venres 31 de xullo. JOSE MANUEL POLA

O Recinto da Estacada de Bueu non quedará finalmente sen gozar do seu festival máis afamado. Tras o adiamento da décimo oitava edición do SonRías Baixas ata o 2021, a organización reinventa a cita e crea unha versión "micro" axustada ás restricións da nova normalidade.

Con dous concertos confirmados, o MicroSonRías Baixas ten por obxectivo, segundo explica a directiva, reconectar co seu público a través dunha proposta de pequeno formato que se complementará con sorpresas musicais en lugares sinalados da localidade. As actuacións correrán a cargo do cantante, guitarrista e compositor de El puchero del Hortelano, Arco, o venres 31 de xullo, e do artista urbano Rayden o sábado 1 de agosto. Terá lugar no Recinto da Estacada e custará 10 euros a entrada dun día e 15 euros o abono para as dúas xornadas.

Co obxectivo de agradecer aos compradores que conservaron a súa entrada do festival deste ano, posposto ata o 2021, "axudando á organización a sobreporse nun momento de gran dificultade", estes usuarios puideron acceder de forma anticipada, este mércores, á compra das 800 entradas dispoñibles. Para o resto do público as entradas sairán á venda este xoves a partir das 12.00 horas na web do festival.

A nova proposta, máis reducida, adaptarase ás circunstanción impostas pola crise sanitaria.

"Aínda que este verán non poderemos achegar esa riqueza económica e cultural á nosa terra, si que podemos ofrecer a nosa creatividade en forma dunha proposta micro, pero moi coidada e adaptada ás circunstancias", explican dende a organización.

Dende a directiva informan ademais que con este festival teñen por obxectivo redifinir o concepto de Destino "SonRías" e ofrecer unha programación na que se una a música co lecer activo, a gastronomía e a natureza. Por iso, algúns artistas actuarán nos espazos máis singulares da comarca, aínda por descubrir, onde degustarán pratos típicos das Rías Baixas.

A décimo oitava edición do festival SonRías Baixas planeada para este verán, que xera un impacto económico de a redor dun millón de euros na comarca, levarase a cabo nos días 5,6 e 7 de agosto de 2021.

Comentarios