Tanxugueiras asinarán 'Diluvio' este luns nel Corte Inglés de Santiago

O novo disco saíu á venda o venres 29 de xullo. A firma é a primeira das artistas e de momento a única confirmada.
Portada del nuevo y tercer álbum de Tanxugueiras, 'Diluvio'. EUROPA PRESS
photo_camera Portada do novo e terceiro álbum de Tanxugueiras, 'Diluvio'. EUROPA PRESS

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, Tanxugueiras, estarán este luns 1 de agosto en El Corte Inglés de Santiago de Compostela asinando o seu novo traballo Diluvio desde as 18.00 horas na Planta Baixa.  

Diluvio, o seu terceiro disco, que saíu á venda o pasado venres 29 de xullo, está editado polo selo Calaverita Records e é distribuído por Avispa Music

O álbum é unha viaxe de preguntas, de cuestionar crenzas e presuntas culpas. Unha antoloxía de dez aprendizaxes que se materializan en temas como Treboada, Arica, Desidia, Midas, Pano Corado, Sorora, Seghadoras, Averno, Figa, Fame de Odio, Terra e Acougo

Tanxugueiras están a representar unha revolución da música tradicional galega. As artistas reinterpretan os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica.

Comentarios