Un millón de envases de Feiraco levarán impresa a imaxe de Carlos Casares

O retrato de escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2017 figurará no frontal
Presentación da edición especial de Feiraco en homenaxe a Carlos Casares
photo_camera Presentación da edición especial de Feiraco en homenaxe a Carlos Casares

Unha edición especial dun millón de envases de leite de Feiraco levará a imaxe do escritor Carlos Casares con motivo da homenaxe que este ano se lle rende no Día das Letras Galegas 2017.

A iniciativa foi presentada este martes na Cidade da Cultura polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente da cooperativa láctea Clun, José Ángel Blanco, na que se integra Feiraco.

Trátase dunha edición especial dun millón de envases de leite en cuxo frontal levará integrada unha ilustración orixinal cun retrato de Casares cedido exclusivamente pola fundación que leva o seu nome.

De igual modo, cada un dos tres envases desta edición especial das Letras Galegas 2017 ofrecerá aos consumidores a posibilidade de descargar unha das obras do autor, por medio do código QR incluído no seu lateral.

Comentarios