O universo infinito de Xaime Quessada

O Museo de Pontevedra réndelle homenaxe ao creador ourensán cunha gran exposición composta por máis de medio cento de pezas realizadas ao longo de cinco decadas de actividade
Un rapaz fotografando a obra 'El dictador'. GONZALO GARCÍA
photo_camera Un rapaz fotografando a obra 'El dictador'. GONZALO GARCÍA

"Soy un enamorado de la pintura. Le soy fiel y para ello no me ha importado pintar en las calles de París o pedir pan en Kiel antes de sucumbir a la admiración fácil". Díxoo Xaime Quessada (Ourense, 1937-2007), pintor fundamental da arte galega contemporánea ao que o Museo de Pontevedra vén de adicar unha gran exposición. O Universo de Xaime Quessada quedou aberta xoves no Sexto Edificio, onde poderá visitarse ata o 10 de xaneiro.

"É difícil entender a arte da segunda metada do século XX e comezos do XXI en Galicia sen considerar a pintura de Quessada", explicou o director do Museo, José Manuel Rey, na presentación da mostra, unha gran antolóxica que reúne as pezas máis significativas da traxectoria do creador ourensán. Son medio cento de cadros realizados ao longo de cinco décadas de actividade que, como destacou a comisaria da exposición, Pilar Corredoira, permiten coñecer os "intereses estéticos, ideológicos y humanos" do autor.

"É difícil entender a arte da segunda metade do século XX e comezos do XXI en Galicia sen considerar a pintura de Quessada", sinalou José Manuel Rey

PICASSO. Tanto Rey como Corredoira incidiron nalgunhas cuestións clave na carreira de Quessada: a relación directa co seu tempo, á que é permeable a súa obra, e a influencia do que será unha das súas grandes referencias, Pablo Picasso. "Sorprende a súa personalidade e o seu fondo sentimento social. Nada lle era alleo. A súa pintura achega un punto de vista lúcido ao seu tempo", explicou Rey referíndose a un aspecto tamén destacado por Corredoira, que lembrou o seu compromiso coa loita antifranquista ou a atención que lle prestou a conflitos como o de Vietnam. "La implicación social y política, esa sensibilidad hacia lo que sucede en el mundo, la mantendrá durante toda su vida". A todo o anterior hai que engadir o seu interese por Galicia, "o amor pola terra", á que sempre volve.

2020092513480820500

Xunto a Rey e Corredoira, na presentación da exposición de Quessada estiveron presentes o vicepresidente da fundación que leva o nome do pintor, José Gómez Alén; a xerente da mesma fundación, Paula Serrano, e a cuñada do autor, Josefa Blanco, que estivo en Pontevedra en representación da súa irmá, a muller do creador, Chus Blanco, ausente por enfermidade. "A súa foi unha das primeiras visitas que recibín ao chegar á dirección do Museo", confesou Rey. "Agardo que se recupere pronto e poida ver a mostra canto antes".

Segundo avanzou o director, a proposta completarase con diferentes accións que axuden a divulgar a relevancia do artista. Entre outras cousas prepáranse visitas guiadas, obradoiros e faladoiros.

xGON MUSEO DE PONTEVEDRA: presentacion da exposicion de Xaime Quessada. Sexto Edificio. Asisten Jose Manuel Rey, Pilar Corredoira, Jose Gomez Alen e familiares de Xaime Quessada ***Detalles de obras, jueves, 24 sept · 11:30–11:30

Comentarios