Vendidas 4.500 entradas para o concerto de Lenny Kravitz

O concerto que Lenny Kravitz ofrecerá na Coruña o próximo 31 de maio vendeu xa máis de 4.500 entradas, cerca do 50 por cento do aforamento do Coliseum, onde terá lugar a actuación.

A Concellaría de Cultura expresou hoxe a súa satisfacción pola boa acollida que tivo o evento e destaca que se están cumprindo todas as expectativas, tal e como se demostrou coa venda o primeiro día de máis de 2.000 entradas, a quinta parte do aforamento previsto.

A Coruña é a única cidade galega incluída na xira de presentación do novo traballo do artista estadounidense, "Black and White América".

Tal e como subliñou a concelleira Ana Fernández, o obxectivo con este tipo de espectáculos é "situarse a nivel internacional como sede, do mesmo xeito que outras cidades como Barcelona, Madrid ou Bilbao, de grandes espectáculos".

As entradas pódense adquirir en diferentes prezos que van desde os 36 aos 46 euros.

Comentarios