viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Os versos de Neruda en 'Vinte poemas de amor e unha canción desesperada', publicados por primeira vez en lingua galega

Valentín García, secretario general de Política Lingüística. ARCHIVO
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. ARQUIVO
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a iniciativa este mesmo xoves

Mandulia Editorial e a Xunta colaboran na publicación de Vinte poemas de amor e unha canción desesperada, a obra poética de Pablo Neruda que agora ve a luz por primeira vez traducida á lingua galega.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a iniciativa este mesmo xoves, na que destacou que "os versos de amor máis lidos en lingua castelá" poderán gozarse agora no idioma propio de Galicia "por primeira vez".

García destacou a Neruda como "referencia esencial da literatura latinoamericana" e enmarcou esta edición no 50 aniversario da concesión do Premio Nóbel de Literatura, grazas á tradución Xosé Amancio Liñares e María Rey e as ilustracións de Isabel Pintado.

Os versos de Neruda en 'Vinte poemas de amor e unha canción...
comentarios
ç