jueves. 17.10.2019 |
El tiempo
jueves. 17.10.2019
El tiempo

4-0. O Barcelona estrélase en Anfield

Messi laméntase no estadio Anfield de Liverpool. PETER POWELL
Messi laméntase no estadio Anfield de Liverpool. PETER POWELL

O Liverpool remonta aos azulgrana e clasifícase para a final

O Liverpool gañou 4-0 ao Barcelona, remontou o 3-0 da ida das semifinais da liga de Campións e clasificouse para a súa novena final da máxima competición continental. Os homes de Jürgen Klopp superaron con claridade o conxunto azulgrana, que, superados durante os 90 minutos, perderon a opción de gañar o seu sexto título o próximo 1 de xuño no estadio Wanda Metropolitano do Atlético de Madrid.

O gol na primeira parte do belga Divock Origi, o dobrete do holandés Georginio Wijnaldum na segunda e o tanto final, no minuto 79, outra vez de Origi, clasificaron o Liverpool.

O primeiro en acertar foi Origi, que marcou no minuto sete tras recoller un rexeite do porteiro Marc-André ter Stegen a un disparo do suízo Xherdan Shaqiri.

No segundo acto, Wijnaldum apareceu aos nove minutos da continuación para aproveitar unha asistencia de Tren Alexander-Arnold. Despois, repetiu no minuto 56 cun gran cabezazo tras un pase de Shaqiri. Origi, que iniciou a remontada, pechouna logo dun descoido garrafal da defensa do Barcelona, que se despistou nun córner sacado por Alexander-Arnold que marcou o belga a pracer. 

4-0. O Barcelona estrélase en Anfield
Comentarios