Un afeccionado, a unha linier de 16 anos: "Como te pille fóra, viólote!"

Noutro partido, a colexiada recolleu graves insultos desde a bancada: "Vistes o río que hai? Pois ímosvos tirar a el"
Un linier. ARCHIVO
photo_camera Un linier. ARQUIVO

Dous episodios de machismo salvaxe sacudiron esta fin de semana o deporte español. O máis grave viviuse o venres nun partido entre o CD Chilegua e o UD Jandía, en Forteventura. Un afeccionado dirixiuse a unha asistente de tan só 16 anos nos seguintes termos: "Ai, eses nocellos: como te pille fóra, viólote".

Segundo recolle o acta arbitral, o afeccionado, que tivo que ser suxeitado por varios xogadores, facía "signos de violencia, mordéndose a lingua e facendo o movemento de pegarlle coa man".

O segundo caso rexistrouse nun partido da liga Reto Iberdrola entre o Córdoba e o Femarguín. Neste caso, a colexiada detallou na acta os insultos que varios afeccionados proferiron cara a ela ela e os seus asistentes. "Vistes o río que hai? Pois imósvos tirar o río", dixéronlles, entre outras frases como "asquerosa, vaste decatar" ou "xa me encargarei eu persoalmente de que non pitedes máis na vosa puta vida".

Comentarios