Ancelotti: "Prometo un fútbol ofensivo, espectacular e intenso"

"Estou moi feliz de volver á que sinto a miña casa e vou pór toda a miña enerxía para intentar repetir o que conseguimos no pasado", destacou
Ancelotti. REAL MADRID
photo_camera Ancelotti. REAL MADRID

O italiano Carlo Ancelotti foi presentado como novo adestrador do Real Madrid este mércores na sala de prensa da cidade deportiva do club branco e repetiu a promesa que fixo na súa primeira etapa como técnico madridista, "un fútbol ofensivo, espectacular e intenso" para alcanzar títulos.

"Moitas grazas ao Real Madrid, ao presidente (Florentino Pérez), a José Ángel (Sánchez, director xeral) e a toda a directiva. Estou moi feliz de volver á que sinto a miña casa e vou pór toda a miña enerxía para intentar repetir o que conseguimos no"pasado , destacou.

"Teño moi bo recordo dos dous anos que pasei aquí, os títulos, a relación que tiven con todos. ímolo a repetir neste novo desafío", afirmou na súa primeira comparecencia ante a prensa na súa segunda etapa á fronte do equipo branco, tras asinar un contrato para as tres próximas tempadas.

Ancelotti asegurou un fútbol vistoso como o camiño máis curto cara ao éxito: "Prometo o mesmo porque a tradición, a historia deste club, é intentar xogar un fútbol ofensivo, espectacular e intenso".

"Creo que o fútbol cambiou nestes cinco anos, é máis intenso e agresivo. Cambiaron algunhas regras, pero o fútbol do Real Madrid ten que ser ofensivo e espectacular como quere a afección", subliñou. 

Comentarios