Ancelotti regresa ao Real Madrid: firma por tres tempadas

O adestrador italiano comparecerá este mércores en rolda de prensa
Carlo Ancelotti, durante un partido en su etapa en el Real Madrid. BALLESTEROS (EFE)
photo_camera Carlo Ancelotti. BALLESTEROS (EFE)

[AVANCE] O Real Madrid confirmou este martes que Carlo Ancelotti será o novo adestrador do primeiro equipo. O italiano, que regresa á casa branca, firma para as tres próximas tempadas.

O preparador italiano, que tiña contrato co Everton, regresa ao Real Madrid, onde estivo dúas tempadas entre 2013 e 2015. Conquistou nese período unha Copa de Europa, unha Copa do Rei, unha Supercopa de Europa e un Mundial de Clubs.

A firma protocolaria terá lugar este mércores na Cidade Real Madrid xunto ao presidente Florentino Pérez.  ás 18.00 horas, Ancelotti comparecerá ante os medios de comunicación nunha rolda de prensa telemática.