miércoles. 29.01.2020 |
El tiempo
miércoles. 29.01.2020
El tiempo

Antidopaxe exclúe a Rusia dos Xogos e o Mundial de Catar

Xogos Olímpicos. ARQUIVO
Xogos Olímpicos. ARQUIVO

A Axencia Mundial Antidopaxe (Ama) excluíu este luns a Rusia das competicións internacionais, incluído os Xogos Olímpicos, durante un prazo de catro anos debido á manipulación dos datos do Laboratorio de Moscova.

A decisión do comité executivo da Ama, que deixa ao deporte ruso fóra dos Xogos de verán de Tokio (2020) e os de  inverno de Pequín (2022), foi unánime, segundo informou desde Lausana a a Axencia Antidopaxe Rusa (Rusada) a medios rusos.

Aínda que tamén prohibe a Rusia organizar eventos deportivos internacionais, deixa aberta a posibilidade a que os deportistas rusos que demostren que están limpos compitan baixo bandeira neutral. Outro dos eventos dos que Rusia foi excluídas é o Mundial de fútbol de Catar de 2022.

Antidopaxe exclúe a Rusia dos Xogos e o Mundial de Catar
Comentarios