O Celta ficha por cinco tempadas ao xogador turco Okay Yokuslu

Os vigueses disputarán un un amigable contra o Southampton o 1 de agosto

 Okay Yokuslu y Carlos Mouriño, este viernes. RC CELTA DE VIGO
photo_camera Okay Yokuslu e Carlos Mouriño, este venres. RC CELTA DE VIGO

O Celta de Vigo fichou ao centrocampista de nacionalidade turca Okay Yokuslu cun contrato para cinco tempadas e que terá unha cláusula de rescisión de 40 millóns de euros, segundo informou este venres o club galego nun comunicado.

O futbolista, procedente do club Trabzonspor, co que disputou 56 partidos e marcou oito goles en dúas tempadas, caracterízase, segundo o Celta, por un "inmenso despregamento físico en tarefas defensivas, un poderoso xogo aéreo e un gran trato do balón".

O club, presidido por Carlos Mouriño, destaca que Yokuslu, polo que pagará 6 millóns de euros, tiña ofertas de diversos clubs das ligas punteiras de Europa pero "finalmente decantouse por sumarse ao "ilusionante" proxecto celeste.

Trátase da terceira fichaxe do Celta para a tempada 2018-2019, tras a contratación do lateral esquerdo David Juncá e o central Néstor Araujo, de nacionalidade mexicana.

PARTIDO DE PRETEMPORADA. Por outra banda, os vigueses disputarán un partido de pretemporada contra o Southampton inglés o próximo 1 de agosto.

O novo Celta do técnico arxentino Antonio Mohamed iniciará o traballo o 9 de xullo nas instalacións deportivas da Madroa, onde ten previsto completar a primeira parte da pretemporada.

O amigable contra o Southampton, que se disputará no St Mary's Stadium ás 19.45 horas, é o primeiro partido de pretemporada que anuncia o Celta, aínda que o Sporting de Braga recentemente desvelou que se medirá ao conxunto vigués o 27 de xullo.

Comentarios