O pechacancelas elimina ao PSG e o City mételle nove ao Burnley

En Francia e en Inglaterra disputouse a Copa da liga

Cavani. ETIENNE LAURENT
photo_camera Cavani. ETIENNE LAURENT

O París Saint-Germain levou este mércores un pau na Copa da liga de Francia ao perder 1-2 ante o Guingamp, pechacancelas de Líguea 1 e capaz de eliminar ao equipo dirixido polo alemán Thomas Tuchel cun gol de penalti no minuto 93 de Marcus Thuram, fillo do mítico Lilian Thuram.

Ata este mércores, o todopoderoso PSG só perdera un partido oficial en toda a tempada, na fase de grupos da liga de Campións contra o Liverpool por 3-2.

En Inglaterra, o Manchester City deuse un festín na ida das semifinais da Copa da liga e gañou 9-0 ao Burnley, da terceira categoría de Inglaterra, do que non tivo piedade para selar con antelación o seu pase á final.

Todo parecía indicar que o Burnley ía ser unha vítima do City de Pep Guardiola no seu camiño cara ao partido definitivo polo título, pero poucos intuían que a malleira ía ser das que se recordan moito tempo. O brasileiro Gabriel Jesús levou o balón de recordo tras marcar catro dos nove goles.

Máis en Deporte General