Conmoción no mundo do balonmán polo suicidio dun internacional serbio

Novak Boskovic, de 29 anos, disparouse cunha pistola

Boskovic. INSTAGRAM
photo_camera Boskovic. INSTAGRAM

O internacional serbio de balonmán Novak Boskovic suicidouse cun disparo na cabeza na súa casa familiar na cidade de Crvenka, ao norte de Serbia, informan este luns os medios locais.

Boskovic, de 29 anos, disparouse cunha pistola que posuía legalmente, segundo recolle o diario Politika, que sinala que unha investigación establecerá os motivos do suicidio.

O xogador iniciou a súa carreira de Crvenka, militou nos clubs serbios Vrbas e Priboj, o húngaro Tatabanya, o romanés Dinamo de Bucarest ou os israelís Maccabi e Hapoel, onde actuaba nos últimos anos. A súa última participación coa selección de Serbia foi no Campionato de Europa de 2016.

Segundo o diario Novosti, a traxedia ocorreu en domingo pola mañá no patio da casa familiar, onde vivía coa súa esposa e unha filla de seis meses.

"Trato de entender por que o fixo, pero non atopo a razón. Tiña unha belísima familia, unha carreira exitosa, estaba contento coa vida", declarou en Nosvosti a súa nai Jela.