Crise institucional no Valencia: Marcelino destituído

Lim toma a decisión. Celades será o seu substituto
Marcelino, en una imagen de archivo. EFE
photo_camera Marcelino, nunha imaxe de arquivo. EFE

O Valencia anunciou este mércores a destitución de Marcelino García Toral como adestrador do club, co que acababa de iniciar a súa terceira tempada.

A entidade sinalou sucintamente que "comunicou este mércores a Marcelino García Toral o seu cesamento como adestrador do primeiro equipo".

"O club quere agradecer o seu traballo e dedicación durante a súa etapa na nosa entidade e desexarlle os maiores éxitos para o futuro", explicou a entidade, que non se pronunciou sobre o seu substituto. 

O equipo atravesa unha crise institucional, coa propiedade (Peter Lim) enfrontado á dirección deportiva (Mateo Alemany). Albert Celades, exseleccionador sub 21, será o novo adestrador do Valencia.

Comentarios