Cristiano Ronaldo: "A Juventus non é un paso atrás, sempre é adiante"

Ronaldo coñeceu este luns a cidade deportiva do club e saudou aos seus compañeiros  O xogador convértese na fichaxe máis cara da historia do fútbol italiano

Cristiano Ronaldo llega a la rueda de prensa en la nueva sede del Juventus en Via Druento. ALESSANDRO DI MARCO (EFE)
photo_camera Cristiano Ronaldo chega á rolda de prensa na nova sede do Juventus en Via Druento. ALESSANDRO DEI MARCO (EFE)

O portugués Cristiano Ronaldo, que pasou este luns o recoñecemento médico ca Juventus Turín, visitou a cidade deportiva juventina da Continassa, onde coñeceu o técnico, Massimiliano Allegri, e os seus novos compañeiros. Tras a visita, ofreceu unha rolda de prensa na que considerou que saír do club madridista "non é un paso atrás, sempre é adiante. É un equipo para gañar, gañou as sete últimas ligas italianas, estivo ultimamente en dous finais de Champions. Espero levar o Juventus ao nivel máis alto", dixo o dianteiro durante a súa presentación.

O luso dixo, con certa ironía, que a Juve era a única oferta que recibira, e considerou como "un momento especial" os aplausos recibidos pola afección juventina cando marcou de chilena o gol en Liga Campeones co Real Madrid.

Ao evento acudiron máis de 200 xornalistas, e máis de 30 televisións procedentes de todo o mundo.

CR7 estivo, desde primeiras horas da mañá, pasando as pertinentes probas de saúde no J Medical, desde onde se desprazou á Continassa, onde pisou os campos de adestramento acompañado polo conselleiro delegado do club, Giuseppe Marotta.

O portugués, que asinou un contrato para as próximas catro tempadas a cambio de 31 millóns de euros netos por ano, saudou alí a algúns dos seus novos compañeiros, como o capitán, Giorgio Chiellini, ou o bosníaco Miralem Pjanic.

Moi riseiro e relaxado, Cristiano visitou os campos de adestramento e tamén os vestiarios do centro deportivo, onde estreitou a man do técnico Allegri e do defensor Daniele Rugani.

Os seus desprazamentos foron seguidos en todo momento por centos de afeccionados, que corearon o seu nome e lle pedirone que axude ao Juventus Turín a conquistar a súa anhelada Copa de Europa, un trofeo que os turineses non gañan desde 1996.

Unha petición dos afeccionados foi o famoso "Siuuuuuuu" co que Cristiano Ronaldo acompaña a celebración dos seus goles.

Ronaldo fichou pola Juventus Turín procedente do Real Madrid, a cambio de 112 millóns de euros, e converteuse na fichaxe máis cara da historia do fútbol italiano, ao superar a anterior marca do arxentino Gonzalo Higuaín (90 millóns de euros).

O portugués deixou o Real Madrid tras nove tempadas, nas que conquistou 16 trofeos e marcou 451 goles en 438 partidos.

Máis en Deporte General
Comentarios