domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Ronaldo, o deportista mellor pagado do mundo para a revista Forbes

Cristiano Ronaldo, durante la gala
Cristiano Ronaldo, durante la gala
O dianteiro portugués do Real Madrid suma uns ingresos anuais de 88 millóns de dólares

A revista Forbes anunciou este xoves a lista dos deportistas mellor pagos do mundo en 2016, encabezada polo internacional portugués do Real Madrid Cristiano Ronaldo cuns ingresos anuais de 88 millóns de dólares. CR7 lidera a táboa de deportistas seguido do dianteiro arxentino do Barcelona Lionel Messi, que ingresou 81,4 millóns. O madridista alcanzou esa cantidade grazas aos 56 millóns que gañou cos seus salarios e aos 32 que logrou mediante os contratos publicitarios.

O primeiro español da lista é o tenista Rafael Nadal, que ocupa a posición vixésimo primeira cun total de 37,5 millóns de euros. Non moi lonxe está o piloto Fernando Alonso, que con 36,5 millóns de euros en ganancias ocupa a vixésimo cuarta praza.

A lista inclúe un total de 100 nomes e o Real Madrid, con Cristianoo Ronaldo, Gareth Bale e James Rodríguez, e o Barcelona, con Messi, Neymar e Luis Suárez, teñen tripla representación entre os deportistas con máis ingresos do planeta. Entre os 10 mellores pagos, á parte de Cristiano e Messi, tamén están Lebron James (77,2 millóns de dólares), Roger Federer (67,8), Kevin Durant (56,2), Novak Djokovic (55,8), Cam Newton (53,1), Phil Mickelson (52,9), Jordan Spieth (52,8) e Kobe Bryant (50).

Ademais, a revista Forbes tamén publica a lista das axencias de representación máis importantes e, Gestifute, empresa de Jorge Mendes, representante de Cristiano Ronaldo, ocupa o número 8 da lista coas súas 91 clientes e cun montante en comisións total que ascende aos 72,7 millóns de dólares. A primeira da lista é a estadounidense CAA (Creative Artist Agency), que traballa con 441 clientes e logrou 290'6 millóns de dólares en comisións durante todo o ano 2016.

Ronaldo, o deportista mellor pagado do mundo para a revista Forbes
comentarios
ç