Deportivo, Bergantiños e Arenteiro avanzan na Copa

Os coruñeses tombaron ao Ucam Murcia na prórroga 
Mario Soriano controla un balón ante el Ucam Murcia. RC DEPORTIVO
photo_camera Mario Soriano controla un balón ante el Ucam Murcia. RC DEPORTIVO

O Deportivo impúxose ao Ucam Murcia na primeira rolda da Copa do Rei por 3-4 nun partido que chegou á prórroga. Foi no tempo extra cando resolveron os coruñeses con goles do canteirán Yeremay e Quiles, aínda que os branquiazuis acabaron sufrindo tras o tanto de Manu Garrido no 118.

Pola súa banda, o Bergantiños, de Segunda RFEF, logrou o seu pase á segunda rolda ao imporse 2-0 ao Tudelano nas Eiroas nun partido que dominou no marcador desde a primeira metade. l conxunto coruñés adiantouse á media hora de xogo grazas a un tanto do lucense Uxío da Pena.

E o Arenteiro, da mesma categoría que o Bergantiños, eliminou á SD Logronés, de Primeira RFEF, tras imporse por 2-1. 

Dos equipos de Primeira sufriron o Sevilla e o Mallorca, que necesitaron unha prórroga para derrotar ao Córdoba (0-1) e á Segoviana (0-2), respectivamente.

Máis en Deporte General
Comentarios