Echegoyen: "Somos loitadoras e sairemos a levarnos unha medalla"

A galega e Paula Barceló clasifícanse para a Medal Race na cuarta posición da xeral
Támara Echegoyen (dereita) no campo de regatas olímpico. EFE
photo_camera Támara Echegoyen e Paula Barceló, na última regata. EFE

A galega Támara Echegoyen clasificouse este sábado para a Medal Race da clase 49er.FX na cuarta posición da xeral, desde a que subliña que xunto coa súa compañeira, Paula Barceló, demostrou que son "loitadoras" e que o luns sairán a leva "unha medalla". 

A regatista ourensá e pontevedresa de adopción, campioa olímpica en Londres 2012 na clase Elliott 6 metros xunto Ángela Pumariega e Sofía Toro, recoñeceu que é difícil navegar "con ventos inestables" e que por iso hai que "estar moi concentradas". Na xornada anterior as españolas eran segundas na xeral.

Echegoyen, en declaracións que facilita a Real Federación Española de Vela (RFEV), destacou que cre que están "preparadas para afrontar o reto". "Agora intentaremos descansar, desconectar un pouco antes da Medal, na que temos claro o que temos que facer", dixo a regatista galega, de 37 anos e que participa en Tokio 2020 nos que son os seus terceiros Xogos. 

Echegoyen explicou que a Medal Race puntúa dobre e que por iso "hai moitos puntos en xogo e ningunha está a salvo", en alusión ás posibilidades de medallas das primeiras clasificadas.

Máis en Deporte General
Comentarios