Morre o seleccionador galego de ciclismo Guillermo Sande tras sufrir un infarto

Estaba coa selección no campionato de España de ciclocrós en Torrelavega
Guillermo Sande. CEDIDA
photo_camera Guillermo Sande. CEDIDA

Guillermo Sande Covelo, seleccionador e responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, faleceu este domingo no Hospital de Valdecilla de Santander, vítima dun infarto sufrido o sábado mentres se atopaba coa Selección de Galicia no Campionato de España de Ciclocrós de Torrelavega, precisamente no día do seu 55 aniversario.

Sande foi unha figura fundamental no desenvolvemento do ciclismo autonómico dos últimos anos. A súa morte provoca un gran baleiro no ciclismo galego.

Levaba 25 anos formando parte do equipo de traballo da Federación Galega de Ciclismo. Encargábase do seguimento dos corredores, o deseño das carreiras, da coordinación das competicións.

As mostras de afecto da familia do ciclismo cara a Sande e a súa familia tras a luctuosa noticia non se fixeron esperar. A propia Federación Galega explicaba a súa consternación polo luctuoso suceso e o falecemento dunha persoa vital na súa organigrama técnico.

Máis en Deporte General
Comentarios