A Federación Galega de Automobilismo cancela a copa que premiaba ás gañadoras con roupa interior

A FGA sostén que un dos patrocinadores era unha marca que elabora "pezas de calidade e ignífugas aptas para a práctica do automobilismo"
El patrocinador encargado de los premios es Pecado Original. EP
photo_camera La marca Pecado Original se encargaba de los premios. EP

A Federación Galega de Automobilismo decidiu cancelar unha competición na que premiaba ás condutoras gañadoras con conxuntos de roupa interior deportiva, unha campaña que causou o malestar dos equipos femininos. 

Así, a través do seu perfil da rede social Facebook, o equipo Melmac Rally Factory tachaba estes premios de "falta de respecto cara á muller" neste deporte. 

Ademais, o grupo de traballo RenovaFGA esixiu publicamente ao presidente da Federación Galega de Automobilismo (FGA), Iván Corral, a "inmediata retirada" destes premios e as "desculpas pertinentes" por unha promoción "machista e anacrónica" que consiste en entregar aos ás participantes no Open Gadis-Pecado Orixinal Donas co Motor de Galicia 2022 conxuntos de roupa interior. 

A Federación Galega de Automobilismo remitiu un comunicado no que informa da cancelación da competición "ante a polémica xurdida" e sostén que "un dos patrocinadores da copa" era "o fabricante galego de roupa feminina de marca Pecado Orixinal", pezas de "calidade e ignífugas aptas para a práctica do automobilismo deportivo". 

GADIS DESMÁRCASE. Ademais, despois de que a Federación promocionase a competición co seu nome, Gadis desmarcouse "totalmente" da organización desta proba. 

En concreto, sinalou que ten "unha colaboración puntual" coa Federación Galega de Automobilismo dentro do seu programa de RSC, como con outras iniciativas de apoio ao deporte.

Con todo, deixou claro que non ten nada que ver coa organización desta proba nin cos agasallos da mesma. "Sentimos unha gran repulsa ante o ataque contra a dignidade da muller", sostén. 

Máis en Deporte General
Comentarios