O galego Pepín Rioseco celebra o seu 80 aniversario cunha marca do mundo

O ferrolán detivo o crono dos 800 metros en 2.41.59
Pepín Rioseco. ATLETISMO GALEGO
photo_camera Pepín Rioseco. ATLETISMO GALEGO

O día do seu 80 aniversario, o ferrolán Pepín Rioseco celebrouno cunha nova marca do mundo.

O veterano atleta percorreu os 800 metros nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro, na localidade coruñesa de Oleiros, en 2.41.59.

Nunha cita na que estivo arroupado por outros catro atletas, Rioseco rebaixou en máis de sete segundos a anterior plusmarca.

O deportista galego xa ostentaba a mellor marca de máis de 75 anos en 2.000 obstáculos, en 1.500 lisos e en 800 lisos.

En declaracións á Federación Galega de Atletismo afirmou que cando se retirou con 70 anos viu que "tiña moito tempo libre" e por iso decidiu implicarse "moito máis no deporte".

Fai exercicio pola mañá, xa sexa no ximnasio ou a piscina, e aproveita as tardes para ler e escoitar música nunha vida tranquila, pero moi activa.

Rioseco atópase ben e sente como unha persoa de 30 ou 40 anos aínda que xa dobra esa cifra.

Máis en Deporte General
Comentarios