O galego Santi Mina rescata o Valencia na Copa

Dous goles seus permiten ao equipo de Marcelino (3-0) seguir adiante no torneo do K.O. Tamén se clasifica o Xetafe co seu empate (1-1) en Valladolid

Santi Mina. EFE
photo_camera Santi Mina. EFE

O Valencia clasificouse para cuartos de final da Copa do Rei con tres goles no segundo período, dous deles do galego Santi Mina, que lle serviron para remontar a eliminatoria ante o Sporting de Xixón (3-0 por 1-2 na ida), que aguantou con personalidade ata o descanso para logo verse desbordado.

O equipo local fixo un mal primeiro tempo ante un Sporting sólido, pero o partido cambiou por completo tras o descanso cando o Valencia se mostrou competitivo e non deu opción. Aí o acerto de Santi Mina resultou decisivo. Ferran fixo o terceiro e último gol no minuto 89. Con iso, o Valencia e o seu técnico Marcelino respiran aliviados.

No outro partido xogado este martes, o Xetafe logrou o pase a cuartos de final, grazas a un polémico penalti, que se encargou de transformar Ángel, protagonista desta eliminatoria ante o Real Valladolid ao marcar os dous goles do seu equipo, ante un rival que loitou ata o final pero que non puido superar a orde visitante. O tanto de Verde para pór o 1-1 resultou insuficiente para os de Valladolid.

Máis en Deporte General
Comentarios