Gómez Noya sofre unha caída durante a penúltima proba do Mundial de tríatlon

Non sufriu lesións importantes, máis aló das queimaduras de asfalto
Caída de Gómez Noya en Canadá. TVG
photo_camera Caída de Gómez Noya en Canadá. TVG

O olímpico Javier Gómez Noya non puido acabar este sábado en Edmonton, Canadá, a penúltima proba de Mundial de tríatlon. O galego sufriu unha caída ao final do segmento que o deixou fóra de carreira e causoulle algunha pequena ferida sen importancia. Si estará, en calquera caso, na Gran Final de Lausana que terá lugar o último día de agosto. 

"Non foi o meu día de sorte en Edmonton. Tiráronme a só 200m da T2 e aí terminou a miña carreira. Non hai lesións importantes, ademais das sempre dolorosas queimaduras do asfalto e un casco partido. Grazas a todos polo apoio", escribiu o atleta nas súas redes sociais.

 
 
 
 
<>
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Not my lucky day yesterday in Edmonton. I was taken down on the bike, 200m from T2 and there, my race ended. Thankfully non serious inxuries apart from the always painful road rash and a broken helmet... Time to recover and get ready for the Grand Final. Thanks everyone for the support / Non foi o meu día de sorte en Edmonton. Tiráronme a só 200m da T2 e aí terminou a miña carreira. Non hai lesións importantes, ademais das sempre dolorosas queimaduras do asfalto e un casco partido. Grazas a todos polo apoio. ð??? \wags.photo<>

Unha publicación compartida da Javier Gómez Noyajgomeznoya)> o 21 Jul, 2019 ás 9:18 PDT

O francés Vincent Luís lidera o campionato con 4.180 puntos, 397 máis que Mola, que se coloca en segunda posición e opta a un cuarto título seguido. Gómez Noya é terceiro con 3.687 puntos.

O inglés Jonathan Brownlee gañou a proba deste sábado en Edmonton.

Máis en Deporte General
Comentarios