Gonzalo Carró estará de baixa "un mínimo" de tres ou catro meses

O pivote internacional arxentino do Dicsa Modular Cisne, pasará o vindeiro xoves polo quirófano
Gonzalo Carró durante un partido de esta temporada
photo_camera Gonzalo Carró durante un partido. ARQUIVO

O pivote internacional arxentino Gonzalo Carró, xogador do Dicsa Modular Cisne, pasará o vindeiro xoves polo quirófano tras sufrir unha luxación no seu ombreiro esquerdo durante un adestramento e permanecerá de baixa “un mínimo” de tres ou catro meses.

O hispano-arxentino, fichado este verán do Pontault Combault francés someteuse a unha resonancia que confirmou a gravidade da lesión, polo que os médicos aconsellaron ao xogador operarse canto antes.

Se a liga Sacyr Asobal mantén o seu inicio para o próximo 2 de setembro, como anunciou a Asociación de Clubs Españois, Gonzalo Carró perderase toda a primeira volta do curso 2020-21, na que o seu equipo se estreará na máxima categoría do balonmán español.

Máis en Deporte General
Comentarios