¿Haberá un 'never say never again' entre Neymar e Messi?

"O que máis quero é volver xogar con Messi"
Neymar. EFE
photo_camera Neymar. EFE

Never say never again. Houbo un tempo, alá ao comezo dos anos setenta, que o recentemente finado Sean Connery deu por finiquitado, de forma radical dixo, a súa longa etapa na serie de películas que interpretou ao inmortal personaxe que a si mesmo presentábase como my name is Bond, James Bond. 

Pasados os anos, cun bo percorrido do actor escocés á fronte de notables e numerosas películas, unha mala serie ob

rigoulle, xa cun bisoñé para tapar o seu xa pelado cranio, a escoitar as ofertas, tentadoras, para recuperar o traxe de etiqueta, a paxarela, a súa entrada no casino de Montecarlo e o seu imprescindible Dry Martini, e volver interpretar a 

20201129-637422652708863935

Bond. Nese momento, a esposa de Connery dixo unha frase xa mítica e que serviu para axudar a que, esta vez si, foi a súa última película como Bond: "Nunca digas nunca xamais". 

Never say never again, parafraseou este xoves Neymar desde a rolda de prensa de Old Trafford ao falar dun futuro á beira dun dos seus mellores amigos, Leo Messi. "O que máis quero é volver xogar con Messi", dixo o brasileiro, que de inmediato fixo elucubrar a xornalistas e afeccionados do mundo enteiro.

A pesar do seu desexo, o de Neymar só foi un brinde ao sol. A gran estrela do PSG sabe que el non vai saír da súa cela de ouro nin Messi pense, aos seus 33 anos, en acabar coa súa confortable vida en Barcelona. Pero, como dixo a muller de Connery, never say never again. 

Máis en Deporte General
Comentarios