A investigación pola viaxe do Fuenlabrada á Coruña remítese a un xulgado madrileño

O caso trasládase, segundo un xulgado coruñés, porque as pescudas teñen que centrarse "nas circunstancias que rodearon a decisión última de permitir a expedición"
Hotel donde se encuentran aislados los jugadores del Fuenlabrada en A Coruña. EFE
photo_camera Hotel onde se aloxaron os xogadores do Fuenlabrada na Coruña. EFE

O Xulgado de Instrución número 6 da Coruña entende que a investigación sobre o desprazamento realizado en xullo do ano pasado polo Club de Fútbol Fuenlabrad

á Coruña para disputar un partido de LaLiga ha de centrarse "nas circunstancias que rodearon a decisión última de permitir a expedición" tras dar positivo en coronavirus o médico, o fisioterapeuta e o analista de vídeo do club. 

Por iso, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en base ao auto ditado polo seu titular, inhibiuse a favor dos xulgados de Fuenlabrada. 

Faio ao considerar que a decisión de viaxar á Coruña foi adoptada o 19 de xullo do ano pasado "por LaLiga, asesorada por un laboratorio médico, coa conformidade do Fuenlabrada, sen comunicación nin intervención de ningunha outra instancia deportiva ou sanitaria". 

A maxistrada subliña no auto, contra o que cabe presentar recurso, que a posible imprudencia determinante dun resultado lesivo á que se puidese atribuír relevancia penal "ten que ver coas decisións adoptadas o día 19 de xullo de 2020"

"Que afectaban a unha expedición que continuou desenvolvendo a súa actividade profesional con normalidade desde que se coñecese o primeiro positivo, sen que resultasen contaxiadas neste partido xudicial (A Coruña) persoas alleas á expedición", argumenta. 

Máis en Deporte General
Comentarios