Luis Enrique Martínez mostrouse este martes ilusionado no seu primeiro día de traballo como seleccionador español nas instalacións da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) de Las Rozas, en Madrid e afirmou que se ve máis que preparado" para afrontar o desafío "e con moitas ganas de comezar".
Nos medios da RFEF, Luis Enrique subliñou que asumir o cargo de seleccionador é "algo especial", xa non só por poder "representar ao teu país" senón polo feito de que "esta selección vén de gañar moitas cousas e é referente no mundo".
En canto ás súas sensacións iniciais co equipo humano que vai traballar nas oficinas de Las Rozas, o novo seleccionador tamén expresou estar contento con iso, "pois hai xente con nivel, moi preparada e que teñen moitas ganas de traballar", indicou o técnico.
Finalmente explicou que "ser seleccionador" sempre fora un dos seus obxectivos, aínda que "non sabía se a curto, medio ou longo prazo, xa que nisto do fútbol non podes decidir moitas veces cando é o mellor momento, pero agora chegou a oportunidade", sentenciou.